Atrévete a explorar, a descubrir, a conectar.

A temática elixida para o desafío científico-tecnolóxico da Galiciencia 2022 é a economía circular. Que tal os teus coñecementos sobre o tema? A resposta a esta pregunta non é o importante agora. 

Interésanos máis que te animes a emprender unha experiencia de descubrimento, conexión e aprendizaxe connosco.

Exite unha forma de producir, de consumir e de organizarnos máis sostible, viable e respectuosa co medio. Imos alá!

A economía circular é un modelo de produción e consumo que implica compartir, arrendar, reutilizar, reparar, renovar e reciclar os materiais e produtos existentes durante o maior tempo posible

3 retos para pequenos grupos de galicientíficos de entre 10 e 18 anos

Galiciencia conta contigo. Anímaste a participar?

Días
Horas
Minutos
Segundos

Data límite de inscrición 18/02/2022