Ao longo deste segundo reto, trataremos de sacar á luz diversos datos ou curiosidades sobre diferentes prácticas da reciclaxe e o tratamento de residuos que xustifiquen a importancia de mudar o modelo de consumo
Podedes entregar os resultados da vosa investigación e da vosa formulación no formato que queirades: texto, presentación, infografía, vídeo…
Non ten por que ser un traballo moi extenso! O importante é a idea, a súa orixinalidade, impacto, etc.
Podedes pensar, observar e tomar ideas en calquera ámbito, incluso na vosa contorna máis próxima: escola, rúa, na vosa casa ou edificio… Credes que algo pode ser mellorado ou se está facendo mal?
Recordade: estamos á vosa disposición en atrevete@galiciencia.gal. Resolvede as vosas dúbidas!