Atrévete a explorar, a descubrir, a conectar.

A temática elixida para o desafío científico-tecnolóxico da Galiciencia 2023 é a aeronáutica. Que tal os teus coñecementos sobre o tema? A resposta a esta pregunta non é o importante agora. 

Interésanos máis que te animes a despegar nunha experiencia de descubrimento, conexión e aprendizaxe connosco.

A humanidade soñou con voar desde o principio dos tempos. En termos históricos, hai moi pouco que o conseguimos e, desde entón, as cousas non pararon de avanzar. Conseguimos cruzar océanos en poucas horas, chegamos ao espazo e achegámonos ás estrelas. A aeronáutica non só é esencial para transportarnos, senón en moitos outros campos, por exemplo, as telecomunicacións.

A aeronáutica é a disciplina que se dedica ao estudo, deseño e produción de aparellos mecánicos capaces de elevarse en voo, así como o conxunto das técnicas que permiten o control de aeronaves.

EQUIPOS GAÑADORES EDICIÓN 2023

CATEGORÍA 1: PRIMARIA.

Colegio Marista Santa María, Ourense

Los Dragones de la Ciencia

Sara Moreiras Nogueiras
Mateo Losada Méndez
Nehuén Del Río Barrera

Docente: María José Avendaño Muñoz

CATEGORÍA 2:  1º a 3º ESO.

IES Val Miñor, Telleiras, Pontevedra

Andromeda

Pablo Cedeira Figueroa
Brais Carneiro Álvarez
Arantxa Vega Alejos

Docente: Marián Pazos Santana

CATEGORÍA 3:  4º ESO a 2º BACH.

IES Isaac Díaz Pardo, Sada (A Coruña)

Lóxicos e Defusos

Eva Mato Escurís
Sara Sánchez Mondaca
Roque Souto Parga

Docente: Patricia Iglesias Noguerol

3 retos para pequenos grupos de galicientíficos de entre 10 e 18 ANOS

Galiciencia conta contigo. Anímaste a participar?

Días
Horas
Minutos
Segundos

Data límite de inscrición: 23/02/2023