Bases de participación

DESCRICIÓN

O desafío organízase dentro das actividades relativas á celebración da Galiciencia 2024, promovida por Parque Tecnolóxico de Galicia en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e co patrocinio da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología –Ministerio de Ciencia e Innovación). Este ano a temática elixida para a celebración da Galiciencia é a Madeira, polo que os diferentes retos estarán relacionados coa dita temática, a súa repercusión a nivel social e os seus avances e posible progresión.

O desafío constará de dúas fases:

  • 1ª Fase non presencial: constará de tres retos a realizar a distancia que se remitirán a través da sección da web correspondente a cada un dos retos (sempre dentro do sitio atrevete.galiciencia.com). Para poder superar esta primeira fase, é preciso participar na totalidade de retos. Non son excluíntes entre eles (non hai eliminados nin puntuacións mínimas para superalos), pero si é requisito indispensable participar nos tres retos iniciais dentro dos prazos marcados para cada reto.
  • 2ª Fase presencial: constará dun reto final que terá lugar o xoves 9 de maio de 11:00h a 12:00h (a concretar) durante a celebración de Galiciencia, e na que participarán os tres grupos mellor valorados de cada categoría na anterior fase. Esta decisión tomarase en conxunto coa visión e puntuación dos tres retos. Os criterios de valoración indicaranse na información e instrucións relativas a cada reto.


PARTICIPANTES

O desafío está aberto a todos os estudantes de entre 10 e 18 anos, establecéndose tres categorías:

  • Categoría A (4º, 5º e 6º de EP)
  • Categoría B (1º, 2º e 3º da ESO)
  • Categoría C (4º da ESO e Bacharelato)

Os estudantes participarán en grupos de máximo tres alumnos/as por grupo, intentando que sexa sempre mixto, e non existe a posibilidade de participar de xeito individual.


CONDICIÓNS E FORMATOS

As condicións e formatos de cada proba faranse públicas na web do desafío (atrevete.galiciencia.com) no momento da liberación progresiva de cada reto.


PRESENTACIÓN DOS RETOS

Todos os participantes que desexen tomar parte neste desafío deberán encher o formulario previo a resolver o primeiro reto cos seus datos de contacto (especificados a continuación). Posteriormente, reenviaráselles un e-mail dende o enderezo oficial do desafío  (atrevete@galiciencia.com) coa xustificación de participación. No cuestionario inicial do primeiro reto proposto, deberán completar os seguintes datos de identificación:

  • Nome do grupo
  • Nome e apelidos dos integrantes
  • Curso académico
  • Nome e e-mail do centro ao que pertencen
  • Nome e apelidos, e-mail e teléfono do docente/titor/a do grupo


A resolución do reto 1 dentro do prazo establecido fai efectiva a inscrición no desafío. Recibiredes un correo confirmando a recepción do material e a inscrición. NON recibiredes unha valoración ata a finalización e envío dos tres retos.

A información e respostas dos seguintes dous retos serán remitidas igualmente dende formularios especialmente habilitados nas correspondentes seccións da páxina web de cada reto (sempre dentro do sitio atrevete.galiciencia.com).

De aparecer calquera incidencia técnica ou dificultade na remisión dos retos, os participantes terán dispoñible o enderezo de correo electrónico atrevete@galiciencia.com para solventala.


XURADO

O xurado será asignado pola organización entre persoas expertas na materia.


RESOLUCIÓN

A resolución do xurado en relación á primeira fase farase pública nun prazo máximo de dúas semanas, unha vez rematado o prazo límite para a entrega do último reto.

A resolución do xurado en relación á segunda fase farase pública o día 9 de maio de 2024 durante a entrega de diplomas da final presencial do desafío científico.

A resolución do concurso é inapelable.


PREMIO

Os grupos finalistas da primeira fase, e por tanto, participantes na fase final, recibirán un obsequio pola súa participación.

Os grupos gañadores do reto final recibirán un diploma e un premio.


PROPIEDADE

Todos os traballos presentados quedarán en propiedade do PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA, quen se reserva o dereito da súa exposición, reprodución ou publicación, sen que isto supoña perda da autoría dos traballos, cedendo os dereitos de reprodución, exposición e explotación non remunerada, pasando a incrementar o patrimonio cultural, sen que estes poidan ser obxecto de compravenda.


OBSERVACIÓNS

  • O feito de participar no presente desafío implica a aceptación total das bases.
  • A organización non se responsabilizará da non chegada dos retos ao seu destino.
  • Os retos que non cumpran as condicións de presentación non entrarán en concurso.
  • A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.
  • Tecnópole garante o correcto tratamento dos datos de acordo ao RXPD (Regulamento xeral de protección de datos) e a lexislación española vixente. PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA, S.A., como responsable, fará uso da información persoal, incluída imaxe/voz, coa finalidade de posibilitar a súa participación no desafío da Galiciencia 2024, sendo a base xurídica a prestación do servizo. Poñemos todo o coidado e contamos coas medidas que a lei esixe para que a información persoal facilitada e/ou o resultado do seu tratamento non chegue a terceiros, salvo imposición legal, encargados de tratamento ou logo do seu consentimento. Teñen dereito a exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, supresión, limitación e oposición, así como solicitar a súa portabilidade, determinados pola lexislación vixente en materia de protección de datos persoais, dirixíndose por escrito ao seguinte enderezo: Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. Edif. CEI, San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense. Ou no e-mail: tecnopole@tecnopole.gal.  


REALIZACIÓN E MANIPULACIÓN

Os retos deben ser realizados polos integrantes de cada grupo participante, polo que calquera dúbida na confirmación ou autenticidade na autoría destes, será motivo da non participación no desafío.