Queres asumir o reto de entrar a formar parte do exército de ciberdefensores de Galiciencia 2026?

Para tomar o control da tecnoloxía, é fundamental comprender como funciona

Únete ao desafío galicientífico para descubrilo!

Acepta o desafío e atrévete a explorar o mundo da ciberseguridade

Vivimos nun mundo dixital no que a dimensión virtual ten cada vez máis peso na nosa forma de aprender, traballar e relacionarnos

O reto GalicienciaCTF 2026 convida os participantes a mergullarse nunha experiencia en liña chea de misións e desafíos dixitais. Ao longo do percorrido, deberán resolver enigmas, superar probas técnicas e tomar decisións chave para avanzar, poñendo a proba a súa lóxica, creatividade e pensamento computacional, mentres se adentran en conceptos fundamentais de ciberseguridade e uso responsable da tecnoloxía.

Cada desafío superado desbloquea novos retos e aprendizaxes. O traballo en equipo, a observación e a capacidade de análise serán esenciais para avanzar na competición, sempre desde un enfoque ético e seguro. O obxectivo non é só chegar ao final, senón gozar do proceso, aprender xogando e descubrir como desenvolverse con criterio no mundo dixital.

Os equipos que mostren un mellor desempeño clasificaranse para a final presencial, na que terán que demostrar, en directo e en tempo real, do que realmente son capaces.

Días
Horas
Minutos
Segundos

Data límite de inscrición: 20/02/2026