Benvid@s ao desafío científico-tecnolóxico da Galiciencia
Inscribídevos e aceptade o desafío Galiciencia 2026
- Organizade o voso equipo, de 2 a 3 integrantes, preferiblemente mixto (mozos e mozas) e un responsable (o/a voso/a profe).
- Consultade as bases de participación.
- Enchede e enviade o formulario de inscrición nesta páxina.
- Esperade a que a vosa solicitude sexa revisada e aprobada.
- Recibiredes as chaves de acceso á plataforma GalicienciaCTF.
- Os problemas e desafíos clasifícanse por itinerarios. En cada reto publícanse e revélanse novos itinerarios.
- Con cada novo desafío completado, poderedes avanzar ao seguinte nese itinerario. Os intentos errados supoñen penalización en puntuación.
- Importante: Lede moi ben o enunciado de cada desafío, é fundamental.
- O desafío Galiciencia 2026 estrutúrase en 3 retos online e a final presencial. O ranking dentro de GalicienciaCTF é independente para cada categoría e restablécese en cada reto. Os equipos seleccionados para a final presencial publicaranse despois do terceiro reto.