Recoñecementos cerebrito

Estes recoñecementos sinalan aos equipos que mellor o fixeron no relativo ás “preguntas cerebrito” no quiz do primeiro reto. 

Estes equipos foron seleccionados seguindo o seguinte criterio:

  1. Equipos con máis respostas cerebrito correctas.
  2. En caso de empate, equipos con maior puntuación global no quiz.
  3. En caso de persistir o empate, equipos que máis rápido entregaron o quiz (é dicir, que o entregaron nunha data anterior).

Equipos "cerebrito" Reto 1

Categoría 1 (4º a 6º primaria): Científicas Poderosas (CEIP Bibei, Viana do Bolo, Ourense)

Categoría 2 (1º a 3º ESO): Neurosalesianos (Colegio Plurilingüe Salesianos, Ourense) 

Categoría 3 (4º ESO  a 2º Bach.): Patatas (IES Plurilingüe de Ames, A Coruña)

Recordade: Este reto non é eliminatorio

Estes recoñecementos son só unha parte do desafío, pero aínda queda moito por decidir nos retos 2 e 3. Non se trata de sacar a máxima nota, por agora!