Bases de participación
DESCRICIÓN
O desafío organízase dentro das actividades relativas á celebración da Galiciencia 2026, promovida por Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación. Este ano a temática elixida para a celebración da Galiciencia é a Ciberseguridade, polo que os diferentes retos estarán relacionados coa dita temática, a súa repercusión a nivel social e avances e posible progresión.
O desafío constará de dúas fases:
PARTICIPANTES
O desafío está aberto a todos os estudantes de entre 10 e 18 anos, establecéndose tres categorías:
Os estudantes participarán en grupos de máximo tres alumnos/as por grupo, intentando que sexa sempre mixto, e non existe a posibilidade de participar de modo individual.
CONDICIÓNS E FORMATOS
As condicións e formatos de cada proba faranse públicas na web do desafío (atrevete.galiciencia.com) no momento da liberación progresiva de cada reto.
INSCRICIÓN E PRESENTACIÓN DOS RETOS
Todos os participantes que desexen tomar parte neste desafío deberán cubrir o formulario previo a resolver o primeiro reto cos seus datos de contacto (especificados a continuación). Posteriormente, reenviaráselles un e-mail desde o enderezo oficial do desafío (atrevete@galiciencia.com) coa xustificación de participación. No formulario de inscrición, deberán completar os seguintes datos de identificación:
Só se permite unha única inscrición por equipo, e un/ha mesmo/a participante non pode pertencer a varios equipos.
O cubrir correctamente o formulario de inscrición no prazo establecido fai efectiva a inscrición no desafío. Recibiredes un correo confirmando a inscrición e a información do primeiro reto. Non se publicarán as puntuacións de todos os equipos, pero si se poderán dar e publicar recoñecementos especiais a equipos que destaquen nalgún ámbito en particular.
A información e respostas dos seguintes dous retos serán remitidas así mesmo desde os espazos dispoñibles nas correspondentes seccións da páxina web (sempre dentro do sitio atrevete.galiciencia.com).
De aparecer calquera incidencia técnica ou dificultade na remisión dos retos, os participantes terán dispoñible o enderezo de correo electrónico atrevete@galiciencia.com para resolvela.
XURADO
O xurado será asignado pola organización entre persoas expertas na materia.
RESOLUCIÓN
A resolución do xurado en relación coa primeira fase farase pública nun prazo máximo de dúas semanas, unha vez finalizado o prazo límite para a entrega do último reto.
Para a selección de clasificados, observarase o desempeño dos participantes en relación coas clasificacións da plataforma para cada un dos retos, seleccionado aos dous primeiros equipos en ranking por puntos e ao mellor (ou seguinte mellor, en caso de coincidir) no ranking de experiencia de aprendizaxe. O xurado resérvase o dereito de aplicar excepcións a este criterio en función da evolución dos equipos.
A resolución do xurado en relación coa segunda fase farase pública o día 14 de maio de 2026 durante a entrega de diplomas da final presencial do desafío científico.
A resolución do concurso é inapelable.
PREMIO
Os grupos finalistas da primeira fase e, por tanto, participantes na fase final, recibirán un diploma e un obsequio pola súa participación.
Os grupos ganadores do reto final recibirán un diploma e un premio.
PROPIEDADE
Todos os traballos presentados quedarán en propiedade do PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA S.A., quen se reserva o dereito da súa exposición, reprodución ou publicación, sen que isto supoña perda da autoría dos traballos, cedendo os dereitos de reprodución, exposición e explotación non remunerada, pasando a incrementar o patrimonio cultural, sen que estes poidan ser obxecto de compravenda.
OBSERVACIÓNS
REALIZACIÓN E MANIPULACIÓN
Os retos deben ser realizados polos integrantes de cada grupo participante, polo que calquera dúbida na confirmación ou autenticidade na autoría destes será motivo da non participación no desafío.
A organización resérvase o dereito de restrinxir a participación dalgún equipo en caso de sospeitar malas prácticas ou condutas inadecuadas.