Selección pódcast #atrévetecoamente!
Escoitade atentamente!
Sabiades que se conseguides clasificarvos para a final presencial do desafío #atrévetecoamente, o contido destes pódcast será moi importante?
Estes son os pódcast seleccionados para cada categoría, tendo en conta unha rúbrica pensada para valorar a súa orixinalidade, creatividade, traballo en equipo, estrutura e organización, calidade do contido e uso de recursos.
Foi unha difícil decisión xa que a calidade xeral é elevada nos centos de pódcast recibidos. Houbo unha gran diversidade de propostas moi igualadas en puntuación.
Moitos e moitas de vós poderiades estar neste “top-6”!
Top 6 pódcast #atrévetecoamente
Categoría 1 (4º a 6º primaria):
Los Pequeños Cerebritos (Sek Atlántico, Pontevedra)
Jimar (Colegio Santo Ángel, Ourense)
Categoría 2 (1º a 3º ESO):
Gastronautas (Colegio Pablo Sexto, A Rúa, Ourense)
Neuronautas de Arzúa (CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario, Arzúa, A Coruña)
Categoría 3 (4º ESO a 2º BACH):
Gudiciencia (CPI Laureano Prieto, A Gudiña, Ourense)
Patatas (IES Plurilingüe de Ames, A Coruña)
Recordade: Este reto non é eliminatorio
Estes recoñecementos son só unha parte do desafío, pero aínda queda moito por decidir