Xa están publicados os equipos clasificados para a final presencial do Desafío da Galiciencia 2024. Consulta a páxina de resultados.

Madeira, enerxía, papel, medicamentos, osíxeno, nutrientes, refuxio, ecosistema… Preguntácheste cantas cousas saen das árbores?
Mujer trabajando con madera

Atrévete a explorar, a descubrir, a conectar.

A temática elixida para o desafío científico-tecnolóxico da Galiciencia 2024 é a madeira. Que tal os teus coñecementos sobre o tema? A resposta a esta pregunta non é o importante agora. 

Interésanos máis que te animes a iniciarte nunha experiencia de descubrimento, conexión e aprendizaxe connosco.

A madeira foi, dende o principio dos tempos, un dos recursos máis importantes na evolución humana.

Grazas á madeira, os seres humanos superamos os ritmos naturais de luz e temperatura: fomos capaces de crear luz na noite, calor no frío e modificar os alimentos, para mellorar o seu consumo ou a súa conservación. Tamén se utilizou como protección contra os depredadores, para conseguir ferramentas avanzadas e como elemento básico na construción.

Hombre abrazando a un árbol
3 retos para pequenos grupos de galicientíficos de entre 10 e 18 anos

Galiciencia conta contigo. Anímaste a participar?

Días
Horas
Minutos
Segundos

Data límite de inscrición: 19/02/2024