Benvid@s ao desafío científico-tecnolóxico Galiciencia 2024

image_pdfimage_print

Estás a realizar o Quiz correspondente ao primeiro reto do desafío de Galiciencia 2024. Responde con calma as preguntas que irás encontrando a continuación.

 0%
1.

Escribe o nome do teu equipo e o centro no que estudades

2.

Canto mide a árbore máis alta do mundo?

 
3.

 

Que significa que unha árbore sexa ripícola?

4.

Cal das seguintes especies de árbore dá a madeira máis lixeira?

5.

Cada canto tempo se recupera a casca das sobreiras que extraemos para fabricar obxectos de cortiza?

6.

A cantidade de madeira que podemos obter dunha árbore depende do volume do seu tronco. A sequoia xigante Xeneral Sherman posúe o tronco máis voluminoso do planeta, de cantos metros cúbicos estamos a falar?

7.

A que me estou a referir se falo de micorriza?

8.

Podemos coñecer a historia da vida dunha árbore despois de tallala?, que temos que mirar?

9.

Onde se encontra  o bosque primario máis grande de Europa?

10.

Na Península Ibérica podemos atopar dous tipos de bosques en función do clima, cales son?

11.

Que é una especie endémica?

12.

Entre as seguintes especies coouse unha que non é propia da Península Ibérica, saberías dicir cal?

13.

As follas dunha árbore sérvenlle para fabricar alimento mediante a fotosíntese. Cantas follas podemos atopar na copa dun carballo adulto?

14.

Cal das seguintes especies podemos considerar de crecemento rápido?

15.

Que factores poden influír na vitalidade dun bosque?

16.

En que parte dunha casa poderiamos atopar madeira?

17.

Que comunidade autónoma lidera o sector forestal a nivel nacional?

18.

Todas as seguintes son grandes obras arquitectónicas a nivel mundial, pero… cal está fabricada con madeira?

19.

Que cantidade de CO2 aforrariamos se empregásemos 1 m3 de madeira para substituír outros materiais de construción?

20.

Cal das seguintes ferramentas podería empregar unha leñadora no seu traballo para cortar árbores?

21.

Entre as seguintes aplicacións atópase unha que poderiamos considerar como aproveitamento dos refugallos forestais, cal é?

22.

Cal dos seguintes non é un tipo de taboleiro que se pode fabricar a partir da madeira das árbores?

23.

O uso que lle deamos a un tipo de madeira dependerá da súa densidade. Por exemplo, se queremos fabricar unha embarcación, teremos que usar unha madeira lixeira. Cal é a densidade da madeira do eucalipto?

24.

Cal destes países non se atopa entre os 10 primeiros a nivel mundial con maior superficie arbórea?

25.

Cal dos seguintes produtos non se obtén das árbores?

26.

Por que a maioría das coníferas son de folla perenne?