Benvid@s ao desafío científico-tecnolóxico Galiciencia 2022

Estás a realizar o Quiz correspondente ao primeiro reto do desafío de Galiciencia 2022. Responde con calma as preguntas que irás encontrando a continuación.

 0%
1.

Escribe o nome do teu equipo e o centro no que estudiades

2.

 Que é a economía circular?

 
3.

orgánicos

Que considerades que son os residuos orgánicos?

4.

Que elemento se considera fundamental dentro do modelo de economía circular?

5.

En que ano podemos dicir que nace o termo de economía circular?

6.

Por que debemos cambiar de modelo económico para pasar a unha economía circular?

7.

Sabemos que, dentro do pensamento ecolóxico actual, temos os tres R (reducir, reutilizar e reciclar). Saberiades escoller os R que faltan para completar os sete da economía circular?

8.

Saberiades recoñecer que país é un dos máis recoñecidos á hora de aplicar a teoría e as solucións da economía circular?

9.

O propósito principal da economía circular consiste en entender que os produtos, compoñentes e recursos en xeral poden manter a súa utilidade e valor en todo momento se somos capaces de redeseñar e renovar o seu uso 

10.

Baixo o voso punto de vista, ten sentido dicir que a economía circular e os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible están moi relacionados? 

11.

Hai un par de anos que en España se fomenta o uso de contedores marróns ou específicos para a reciclaxe orgánica. Que elementos non se deben de tirar neste contedor?

12.

O tapón das botellas de plástico pode ir ao contedor amarelo xunto cos cartóns de leite, botellas, etc.?

13.

En que contedor tirarías unha rolla de cortiza? (a rolla é o tapón de cortiza ou outro material que se emprega para tapar as botellas ou garrafóns)

14.

Como podería cada un de vós incorporar a economía circular ás súas vidas? 

15.

Cantos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible se fixaron en setembro do 2015?

16.

Unha das bases da economía circular e dos seus sete R está moi relacionada co ecodeseño e a súa filosofía dentro do aproveitamento de materiais. Poderiades elixir cal? 

17.

As botellas ou recipientes de plástico son uns dos residuos máis frecuentes cando falamos de mala praxe ao reciclar. Podemos atopalas, por exemplo, tiradas na rúa, no mar ou nos bosques. Sabes canto tarda de media unha botella de plástico en degradarse? 

18.

Poderiades sinalar que obxecto dos que aparecen a continuación non podería tirarse a un contedor específico de vidro?

19.

Moi enlazados coa economía circular e a reciclaxe temos un conxunto de obxectivos lanzados por Nacións Unidas no ano 2015. Saberiades dicir con que nome se coñecen?

20.

Estamos xa nos primeiros meses do 2022. Polo tanto, levamos percorridos case a metade de anos que as Nacións Unidas propuxeron para alcanzar a meta dos ODS (Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible). En que ano rematará esta iniciativa? 

21.

Que papel consideras que podemos ter nós, os consumidores, dentro da economía circular?

22.

Os consumidores non estamos sós no tema do comercio. Por iso, que considerades que poden facer as empresas para poder contribuír á economía circular e ao seu fin?

23.

Credes que a economía circular trae beneficios para as xeracións futuras? Ou pensades que só pode repercutir de xeito positivo nos que xa a vivimos nestes intres? 

24.

Imos analizar medidas que poden ter moito que ver coa economía circular. Sinalade cal credes que é unha delas actualmente, sobre todo, na produción e industria da alimentación: 

25.

O vidro é considerado un exemplo perfecto de sustentabilidade e economía circular grazas ao seu gran potencial para o reciclado case infinito. Saberiades sinalar un dos beneficios que nos achega a reciclaxe deste material?

26.

Poderiades escoller en cal destas filosofías se basea a economía circular?

27.

Que entendedes que engloba o termo downcycling?

28.

No ano 2019 batéronse récords de xeración de residuos. Concretamente, dunha tipoloxía deles. Para ser máis exactos, foron 53,6 millóns de toneladas métricas no mundo. Saberiades escoller de que tipo de residuos estamos a falar? 

29.

O tempo de permanencia dalgúns obxectos e residuos na natureza foi un punto de inflexión para a creación de alternativas de reciclaxe e reutilización destes. Saberiades escoller cal destas afirmacións é a correcta?

30.

Entre os obxectivos que marca España Circular 2020 pondo os ollos no futuro 2030, podemos nomear os seguintes:

31.

É o momento de pór en práctica a pescuda de información! Saberiades diferenciar de cantas capas está composto un cartón dos que empregamos para zumes ou leite? Esta resposta vai achegar máis sentido aínda á reciclaxe destes envases!

32.

A economía circular, coma toda actividade, sempre ten unha orixe no seu ciclo. De entre todas as actividades que se propoñen a continuación, cal marcariades como punto de partida?

33.

Con respecto ao ODS número 12, sobre a produción e o consumo responsables, saberiades escoller a opción correcta?

34.

Dende a entrada en escena da COVID-19 nas nosas vidas, podemos dicir que estamos ante novos residuos considerados «perigosos» ou daniños por mor dos seus compoñentes víricos, como poden ser as máscaras ou os restos das vacinas. Actualmente, estase a multiplicar o seu consumo e uso global. Como considerades que debe actuar a economía circular para reducir o impacto desta realidade e promover a súa filosofía?

Exemplo: A economía circular pode promover o desenvolvemento de novos métodos para seguir clasificando e xestionando os residuos considerados como perigosos para descontaminalos e tratalos de xeito correcto. Ademais, pode transformalos noutros de bastante calidade que poidan servir como materias primas eficientes.