Benvid@s ao desafío científico-tecnolóxico Galiciencia 2022

Estás a realizar o Quiz correspondente ao primeiro reto do desafío de Galiciencia 2022. Responde con calma as preguntas que irás encontrando a continuación.

 0%
1.

Escribe o nome do teu equipo e o centro no que estudiades

2.

 Que é a economía circular?

 
3.

Que elemento se considera fundamental dentro do modelo de economía circular?

4.

En que ano podemos dicir que nace o termo de economía circular?

5.

Por que debemos cambiar de modelo económico para pasar a unha economía circular?

6.

Sabemos que, dentro do pensamento ecolóxico actual, temos os tres R (reducir, reutilizar e reciclar). Saberiades escoller os R que faltan para completar os sete da economía circular?

7.

Saberiades recoñecer que país é un dos máis recoñecidos á hora de aplicar a teoría e as solucións da economía circular?

8.

Baixo o voso punto de vista, ten sentido dicir que a economía circular e os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible están moi relacionados? 

9.

Hai un par de anos que en España se fomenta o uso de contedores marróns ou específicos para a reciclaxe orgánica. Que elementos non se deben de tirar neste contedor?

10.

En que contedor tirarías unha rolla de cortiza? (a rolla é o tapón de cortiza ou outro material que se emprega para tapar as botellas ou garrafóns)

11.

Como podería cada un de vós incorporar a economía circular ás súas vidas? 

12.

Cantos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible se fixaron en setembro do 2015?

13.

As botellas ou recipientes de plástico son uns dos residuos máis frecuentes cando falamos de mala praxe ao reciclar. Podemos atopalas, por exemplo, tiradas na rúa, no mar ou nos bosques. Sabes canto tarda de media unha botella de plástico en degradarse? 

14.

Poderiades sinalar que obxecto dos que aparecen a continuación non podería tirarse a un contedor específico de vidro?

15.

Os consumidores non estamos sós no tema do comercio. Por iso, que considerades que poden facer as empresas para poder contribuír á economía circular e ao seu fin?

16.

Credes que a economía circular trae beneficios para as xeracións futuras? Ou pensades que só pode repercutir de xeito positivo nos que xa a vivimos nestes intres? 

17.

O vidro é considerado un exemplo perfecto de sustentabilidade e economía circular grazas ao seu gran potencial para o reciclado case infinito. Saberiades sinalar un dos beneficios que nos achega a reciclaxe deste material?