Data de lanzamento do segundo reto: 23/02/2023

Galiciencia conta contigo. Anímaste a participar?

Días
Horas
Minutos
Segundos

Data límite de presentación: 23/03/2023

RETO 2 : Houston, e agora que?

Ao longo deste segundo reto, trataremos de sacar á luz diversos datos, feitos de impacto ou curiosidades sobre o mundo da aeronáutica e as viaxes espaciais

Enviade as vosas respostas a través do formulario que encontraredes ao final desta páxina.

Se tedes algunha dificultade ou incidencia, xa sabedes: atrevete@galiciencia.com

A vosa misión será investigar sobre información interesante relacionada co mundo aeronáutico e aeroespacial. Acontecementos, persoas, lugares, organizacións, avances... de que vos apetece falar?

Podedes entregar os resultados da vosa investigación e da vosa formulación no formato que queirades: texto, presentación, infografía, vídeo…

Non ten por que ser un traballo moi extenso! O importante é a idea, a súa orixinalidade, impacto, etc.

Podedes pensar, observar e tomar ideas ou datos de calquera ámbito, sempre que estea relacionado coa temática.

Recordade: estamos á vosa disposición en atrevete@galiciencia.gal. Resolvede as vosas dúbidas!

Documentación de acompañamento do segundo desafío

Presentade os vosos traballos a través do seguinte formulario