Último reto da fase en liña!

RETO 3: Cerebro vs máquina

Expresádevos visualmente, enchede de arte e cretividade o mundo da neurociencia e a saúde mental

Data de lanzamento do terceiro reto: 24/03/2025

Data límite de presentación: 24/04/2025

Días
Horas
Minutos
Segundos

O terceiro reto consiste en confeccionar un póster (físico)

Dimensións máximas: 100 ancho x 120 longo, sobre un soporte de papel groso, cartón, madeira… (que non sexa moi difícil de transportar)

Botádelle arte!

Non escatimedes en creatividade. Non só se trata da mensaxe: a orixinalidade, o impacto, o resultado visual, tamén contan

Divulgade!

Ademais do aspecto visual e artístico, a vosa obra ten que representar unha información relacionada coa temática da neurociencia e a saúde mental e co visto nos anteriores retos

Enviade fotos do resultado da vosa creación

Facede uso do formulario que atoparedes nesta páxina máis abaixo ou a través do correo atrevete@galiciencia.com. Podedes incluír, se o vedes necesario, un pequeno texto explicativo

As mellores obras serán expostas nos días da Galiciencia

Escolleremos localizacións verticais ou horizontais (mesas) segundo se axeiten ao formato das vosas creacións. Por iso tedes que pensar na consistencia e na viabilidade para seren transportadas e colocadas. Sensibilidade artística si, ... pero que non se pasen de delicadas!

Ponde esa rede neuronal en modo imaxinativo

Empregade calquera material que se vos ocorra: pintura acrílica, acuarelas, papel de cores, adhesivos, purpurinas, plásticos, incluso dádelle volume ou relevo (sen pasarvos) con impresións 3D, cartón, madeira, xeso, metal... sorprendede!

A limitación máis importante é a de ter moito coidado con utilizar materiais con contidos protexidos por dereitos de propiedade intelectual ou que conteñan datos persoais sen permiso.

Documentación de acompañamento do terceiro reto

Enviade as fotos do voso póster a través do seguinte formulario

Se experimentas algún problema, recorda que podes envialo tamén a través do correo atrevete@galiciencia.com