Data límite de entrega do terceiro reto: 24/04/2023

Galiciencia conta contigo. Anímaste a participar?

Días
Horas
Minutos
Segundos

RETO 3 (CONECTA): AOS MANDOS DA NAVE

Neste terceiro reto a vosa misión é comunicar para difundir e influír. Temos como obxectivo divulgar o voso coñecemento sobre o mundo aeronáutico e aeroespacial. Datos e feitos que vos fascinen, curiosidades, avances ou aplicacións impactantes… Podedes escoller o tema que queirades, por exemplo, a mesma idea sobre a que traballastes no reto 2, ou outra calquera que prefirades.

É todo o que vos pedimos para este terceiro reto. Unha publicación en redes!

 

Utilizade Instagram Reels ou TikTok para contarlle ao mundo algunha proposta, dato de interese, curiosidade ou calquera idea relacionada coa  temática aeronáutica e aeroespacial.

Na vosa publicación en Instagram ou TikTok, debedes etiquetar a @galiciencia (en Instagram ou en TikTok) e incluír #atrévetecoaaeronáutica no texto da publicación. Incluíde tamén o nome do voso equipo. 

  • Para publicar, podedes utilizar a conta do/a voso/a profe, a do voso cole, a dalgún familiar, etc. Se sodes maiores de 13 anos, tamén podedes publicar dende a vosa conta.
  • Vídeos directos e curtos, de entre 15 e 60 segundos.
  • Facédeo fácil e sinxelo, pero efectivo! Ás veces, un único plano e unhas poucas frases conducen ao mellor resultado. Elaborade un pequeno guión para ter as ideas claras.
  • Non se precisa demasiado: un teléfono intelixente, un lugar axeitado… Podedes «producir» dende as propias apps de Instragram ou TikTok. Tamén hai moitas outras apps gratuítas para elaborar vídeos, moi doadas de usar e intuitivas.
  • Pensade nos vosos influencers, tiktokers ou youtubers favoritos. Como comunican eles?
  • Implicade aos vosos coñecidos: a difusión e o impacto tamén puntúan. Pedide likes!
  • Participación: ademais, é imprescindible que o voso profesor ou profesora cubra a aceptación en materia de tratamento de datos que encontraredes no seguinte formulario.

Preferides non publicar?

Non pasa nada. Podedes participar igualmente elaborando o voso vídeo e facéndonolo chegar mediante o enderezo de correo atrevete@galiciencia.com (recomendamos envialo mediante enlace).

Como valoraremos as vosas propostas?

  • A idea que transmitades: a súa orixinalidade, importancia, adecuación…
  • Como a comuniquedes: linguaxe, estilo, etc.
  • Aspectos audiovisuais: calidade da imaxe e do son. Elección do emprazamento, vestiario, etc.
  • Prazo de entrega: para non acumular todas as respostas nos últimos días de finalización do prazo, veremos con bos ollos aqueles equipos que entreguen antes as súas respectivas propostas.
  • Difusión e impacto: número de interacións, comentarios, likes, etc. Implicade a vosa comunidade educativa!

Necesitades inspiración ou ideas?

No documento de acompañamento do reto 3 tedes varios exemplos para xerar ideas, incluso podedes traballar sobre algunha das que aparecen aí para elaborar a vosa proposta.

Documento de acompañamento reto 3